jueves, 14 de julio de 2016

RESUMO MARCO 1: MARCO CONCEPTUAL de Miren Heppe Fdez.

TEMA 1: ACTUALIZACIÓN DO MERCADO LABORAL

O MERCADO DE TRABALLO é o ámbito no que as empresas e traballadores negocian a cantidade de traballo a intercambiar e a que precio (salario).
O MERCADO DE TRABALLO: é o ámbito no que as empresas e traballadores negocian a cantidade de traballo a intercambiar e a que prezo (salario).

O EQUILIBRIO NO MERCADO: Este equilibrio acádase cando non existe paro, e dicir, a oferta de traballo por parte das persoas traballadoras e a demanda de traballo por parte das empresas está igualado. 

Existen dúas modalidades de CUANTIFICACIÓN DO PARO
  • EPA
  • Paro rexistrado
Por unha banda temos a Enquisa de Poboación Activa que cifra a tasa de paro en 4.800.000 persoas e O Paro Rexistrado que cifra esta tasa en 3.700.000 persoas. 

Existen dúas formulacións para explicar as CAUSAS DO PARO:
  • FORMULACIÓN CLÁSICA: Segundo está teoría si se deixase funcionar libremente ao mercado non existiría paro. Pero non estamos nun mercado libre debido a unha rixidez de salarios á baixa por mor de ter un Salario Mínimo Interprofesional establecido. De non existir este SMI o mercado se equilibraría de xeito natural. 
      • Tdemandando - Tofertado = Parados.
  • KEYNESIANOS: Esta teoría mantiene que hay unha demanda de traballo insuficiente. Admite que existe unha rixidez das normas que marcan o mercado de traballo, nembargantes, hai unha demanda determinada de traballo que no vai variar en función dos salarios.  A demanda de traballo aumenta cando aumenta a demanda de producción. 
      • Da = C + I + G + (X - M) 
      • Demanda da economía = Consumo + Inversión + Gasto público + Comercio exterior (Exportaciones-importaciones).
 En periodos de crisis para aumentar a renda dunha economía a única vía que nos queda é o gasto público. Aínda que se pense que isto é incurrir en déficit (aumentar o gasto público é reducir o ingreso público), segundo os Keynesianos, as crises son cíclicas y hai que prever isto a longo prazo aforrando en tempos de bonanza. 
De feito isto non se fixo nesta actual crise e o que nos axudou a saír de ela foi o comercio exterior. 

COMO E ÓNDE TRABALLAR?

TEMA 2: A INICIATIVA EMPRENDEDORA COMO FORMA DE ACCESO AO MERCADO LABORAL.
Hai unha correlación directa entre desenvolvemento e emprendemento. O noso modelo produtivo e un modelo con baixa cultura emprendedora e baseado en empresas PEMES do sector da construcción e turismo cunha baixa cualificación. 

Ao longo dos últimos 10 anos apreciamos cambios no emprendimento así:
  • 2005 - 2008: Incrementouse un pouco.
  • 2008 - 2010: Apreceuse un descenso no emprendemento.  
  • 2011: A xente comenza a emprender en plena crise pero por una cuestión de necesidade ao non atopar emprego.
  • 2012: Apreceuse certa estabilidade.
  • 2013 - 2015: Desdende de novo.    
Está  demostrado que aqueles países onde existe unha cultura emprendedora son países nos que existe un maior grao de benestar ademais de amosar unha maior capacidade para transformar a estrutura económica do seu país e saír máis airosos das crises. 
Principais causas de falta de cultura emprendedora no noso país:
  1. As barreiras mentais: falta de valoración social do papel de empresario.
  1. A falta de ideas e o descoñecemento do sector.
  1. A falta de formación específica para o emprendemento.
  1. A falta de financiamento e a excesiva burocracia para crear unha empresa.
  1. O temor ao fracaso e os medos persoais. 

:


TEMA 3: ACTUALIZACIÓN DO MARCO DE REFERENCIA DA ORIENTACIÓN LABORAL
 O SEPE, xunto cos Servizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas, forman o Sistema Nacional de Emprego. Dende esta estrutura estatal promoven, deseñan e desenvolven medidas e accións para o emprego, cuxa execucion é descentralizada, axustada ás diferentes realidades territoriais.

REPARTO DE COMPETENCIAS:



 PARA SABER MÁS:


1 comentario:

  1. Quero compartir con todos vós aquí como obtendo o meu préstamo do señor Benjamin que me axuda cun préstamo de 400.000,00 euros para mellorar o meu negocio, foi sinxelo e rápido cando solicito o préstamo cando as cousas se estaban complicando co meu negocio Sr. Benjamín concédeme sen demora. aquí tes o correo electrónico do señor Benjamin / whatsapp: +1 989-394-3740, Lfdsloans@outlook.com /

    ResponderEliminar